27 de xuño de 2015

Fragmento de Males de Cabeza

Un texto de Francisco Alonso Villaverde, nado en Vigo o 27 de xuño de 1963, escritor galego.

Hamburgo, abril de 2000

Estimado Cibrán:

    Imaxino que te sorprenderás bastante ó recibires esta carta. A dicir verdade, nin sequera estou certo de que te vaias decatar de quen son eu, pero iso, a fin de contas, non lle fai importancia ó caso. A nosa relación, que sempre foi ben puntual (vímonos un par de veces e a penas entrecruzamos dúas ou tres palabras, circunstanciais) vén a conto de termos un amigo común: o Milucho. Todo o que eu sei de ti seino por el: que es filólogo, que traballas no servicio de recollida do lixo do concello, que vives só, que estás divorciado, que non tes fillos, que fostes veciños no piso onde residías antes... Todo mo contou o Milucho, tan boa xente, el, e así e todo tan perdido en problemas que non es quen nin de imaxinar. Xa sei que te vas sorprender de que che fale do Milucho a estas alturas, logo de tanto tempo de non saberes nada del; desapareceu da túa vida, e da de todos, mcluída a miña, practicamente da noite para o día. Pero tan certo como iso é que el non tiña amigo máis de seu ca ti, ou mellor dito, non tiña máis amigos ca ti e daquela ten plena confianza na túa persoa.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.