16 de xuño de 2015

ALCALDE PRÓXIMO

ALCALDE PRÓXIMO

Os medios son así. Onte á primeira hora Pepa Bueno estaba a conversar de política, investiduras e mareas co noso esperanzador alcalde Xulio Ferreiro, ata que as pelexas dos seus fillos durante o almorzo terminaron por protagonizar toda a escena, "tiroume o leiteeee".
Esa divertida escena radiofónica comezou a correr polos medios como a pólvora, e de noite, até Wyoming quixo falar con Xulio, que todo sexa dito, estivo moi solto.
Con todo, este epítome de cotidianidade, de proximidade, de "é como nós", comezoume a parecer perigoso, banal, un perigoso flanco a vixiar. Aos medios encántalles (agora) mostrarnos alcaldesas en metro, alcaldes en bicicleta, políticos en zapatillas, de camisa aberta, que guays.
Pero non nos equivoquemos, cando os donos de todo poñan os seus raios letais, a súa ira de Golem, sobre as calugas e revoltas cabeleiras dos nosos novos representantes, comezará unha nova batalla, a do descrédito, máis difícil aínda que a das urnas... e tocaranos estar ao seu lado, ter criterio ante as distintas varas de medir.

DGM

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.