AUGA E ALLO
O día que o PSOE confirma o seu apoio a Manuela Carmena para ser alcaldesa, a capital alágase ao máis puro estilo "marea atlántica".
Mentres, no sur, Susana Díaz romperá augas xa investida Presidenta de Andalucía, grazas ao apoio epidural de Cidadáns.
As nenas pasáronse do himno galego á Rianxeira e as súas "...ondiñas veeeñen e vaaaan...", e iso que descoñecen as súas implicacións futboleiras.
Se nos acaba de ir Christopher Lee, o mellor "non morto" da historia.
Afundirán o seu cadaleito transilvano en terra dos Cárpatos?
Molaría a súa resurrección, aínda que sempre nos quedarán as súas pelis.
Por último, leo con perplexidade que se rumorea que outra "non morta", a vampiresa Isabel Preysler, está a saír con Mario Vargas Llosa (!), outro que tamén gasta sorriso e cabeiros prominentes.
...a realidade supera calquera ficción
DGM
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.