12 de xuño de 2015

Inicio de ROBOT PIERRE

ROBOT PIERRE
Alberto Vanasco

- Nesta época tería empezado a primavera - dixo con nostalxia o Dr. Maggat.
- Que é a primavera? - Preguntou o seu axudante.
O Dr. Maggat fixo un xesto de desalento: nunca podería explicarllo. E era verdade. Como facer sentir ao outro o que significaba ese leve cambio do clima cara á vida, ese refacho cálido que de súpeto sacudía os corpúsculos elementais da pel e da atmosfera?. Era algo que non podía dicirse e o Dr. Maggat, por tanto, quedou un intre en silencio, lembrando.
Pasaran vinte anos desde a última primavera. É dicir, desde o 3969. Tratando de eliminar os inconvenientes e molestias das calores e fríos excesivos, terminaran por endereitar o eixo da Terra unificando os estados atmosféricos nunha temperatura grata e apta para o home. Vivian por iso, agora mergullados nun medio apático, sen sorpresas, sen sedución, sen eses cambios estimulantes e renovadores que eran as estacións.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.