19 de xuño de 2015

Inicio de EXILIO DE ATLANTIS

EXILIO DE ATLANTIS (REI KULL)
ROBERT E. HOWARD


Púñase o sol. Un último esplendor carmesí enchía a paisaxe e pousábase, como unha coroa de sangue, sobre os picos moteados de neve das montañas.
O tres homes que contemplaban o agonizar do día respiraron profundamente a fragrancia da brisa que xurdía desde os distantes bosques, e logo volveron a súa atención cara a unha tarefa moito máis material. Un deles achábase asando un venado sobre unha pequena fogueira; tocou cun dedo a carne
fumarenta e levouno á boca, probándoo co xesto propio dun connoisseur.
-Xa está preparado, Kull, Khor-nah; podemos comer.
Quen así falara era novo, apenas pouco máis que un raparigo, alto de estatura, de cintura delgada e ombreiros anchos, que se movía coa graza natural dun leopardo. En canto aos seus compañeiros, un, o home de maior idade, mostraba unha constitución poderosa e maciza, peludo e cun rostro de expresión agresiva. O outro era o contrapunto do mozo que falara, excepto polo feito de que era máis alto, cun peito máis ancho e uns ombreiros algo máis amplos. Daba a impresión, mesmo en maior medida que o primeiro novo, de posuír unha gran velocidade dinámica oculta nos seus músculos longos e suaves.
-Ben -dixo este-, xa empezo a ter fame.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.