14 de xuño de 2015

Anden e deixen de camiñar

Anden e deixen de camiñar

Nunha explanada atópase un grupo de persoas separadas en dúas filas que se cruzaban formando unha X.

Había dous homes que dirixían e obrigaban a esa xente a camiñar cruzándose e sen chocar. O que resultaba sorprendente era que o máis difícil do exercicio e o obxectivo real do mesmo era que esas persoas peculiares andaran rectos, todos iguais, como maquinas sen personalidade, todo o contrario do que eran antes do exercicio, ao comezo uns movíanse balanceándose, outros como se fosen rapeiros, outros como se sentiran superiores, como se estiveran desganados, etc…

O final o grupo cambia de vestimenta e pasaban a levar uniformes militares, así que todos parecían un grupo de robots sen alma nin personalidade.

FIN

Recollido en cazandosonos.blogspot.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.