28 de marzo de 2014

Texto de Zardigot, de Euloxio Rodríguez Ruibal

II
ESTRELA

Aínda que esta guerra
chegou supetamente,
non se pode dicir
que nos sorprendese.
Había xa tempo
que se estaba tecendo no ar.
Levaban anos e anos
gobernando os conservadores.
Só os ricos e poderosos
podían restar ledos
naqueles tempos
en que vivir non era doado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario