Obra de Gabriel José de la Concordia García Márquez, mellor coñecido como Gabriel García Márquez, nacido en Aracataca, Colombia, o 6 de marzo de 1927
O tren saíu do trepidante corredor de rocas vermellas, penetrou nas plantacións de banano, simétricas e interminables, e o aire fíxose húmido e non se volveu sentir a brisa do mar. Unha fumareda sufocante entrou polo portelo do vagón. No estreito camiño paralelo á vía férrea había carretas de bois cargadas de acios verdes.
Alén do camiño, en intempestivos espazos sen sementar, habia oficiñas con ventiladores eléctricos,
campamentos de ladrillos vermellos e residencias con cadeiras e mesiñas brancas nas terrazas entre palmeiras e roseiras porentas. Eran as once da mañá e todavia non empezara a calor.
-É mellor que subas o vidro-dixo a muller-. O teu pelo vaise encher de carbón.
A nena tratou facelo pero a xanela estaba bloqueada polo óxido.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.