O AFOGADO MÁIS FERMOSO DO MUNDO
Os primeiros rapaces que viron o promontorio escuro e sixiloso que se achegaba
polo mar, fixéronse a ilusión de que era un barco inimigo. Despois viron
que non levaba bandeiras nin arboladura, e pensaron que sería unha balea.
Pero
cando quedou varado na praia quitáronlle as matogueiras de sargazos, os
filamentos de medusas e os restos de cardumes e naufraxios que levaba
encima, e só entón descubriron que era un afogado.
Xogaran con el toda a tarde, enterrándoo e desenterrándolo na area,
cando alguén os viu por casualidade e deu a voz de alarma no pobo. Os
homes que o cargaron até a casa máis próxima notaron que pesaba máis que
todos os mortos coñecidos, case tanto como un cabalo, e dixéronse que talvez
estivera demasiado tempo á deriva e a auga metéraselle
dentro dos ósos.
Cando o tenderon no chan viron que fora
moito máis grande que todos os homes, pois apenas cabían na casa, pero
pensaron que talvez a facultade de seguir crecendo despois da morte estaba
na natureza de certos afogados. Tiña o cheiro do mar, e só a forma
permitía supor que era o cadáver dun ser humano, porque a súa pel estaba
revestida dunha coraza de rémora e de lodo.
Non tiveron que limparlle a cara para saber que era un morto alleo. O pobo
tiña apenas unhas vinte casas de táboas, con patios de pedras sen flores,
espalladas no extremo dun cabo desértico. A terra era tan escasa, que
as nais andaban sempre co temor de que o vento levase aos nenos,
e aos poucos mortos que lles ían causando os anos tiñan que tiralos nos
cantiis. Pero o mar era manso e pródigo, e todos os homes cabían en sete
botes.
Así que cando atoparon o afogado bastoulles con mirarse os
uns aos outros para darse conta de que estaban completos.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.