18 de marzo de 2014

Fragmento de Memorias dunha Terra, de Xosé María Castroviejo

OS LIBROS DE PAIZÁS

A vella librería de Paizás gardaba un recendo de tomos antigos, de alcanfor e de sombra. Eu sempre abría con emoción as súas portas encristaladas. Naqueles anos de nenez e de adolescencia os libros alí gardados eran para min coma deuses... Había clásicos, gregos e latinos, españois e franceses, e obras recentes; Julio Verne e o Capitán Mayne Reid, na adorable edición de "Gaspar e Roig" cos seus belos gravados en aceiro; poetas románticos; a colección encadernada da "Ilustración Española y Americana" da "Gallega Asturiana" e doutras moitas varias; sen que faltasen as de caza, como "La Ilustración Venatoria", onde viñan aqueles cazadores galantes, de grandes mostachos, que de volta das cazas, con rebezos e corzos e pitas do monte, namoraban a mozas de pródigo seo na porta das hosterías bávaras, con ramos de loureiro nas ventás.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.