14 de marzo de 2014

Inicio de A CASA DO PASADO

A CASA DO PASADO
Algernon Blackwood

Algernon Henry Blackwood (14 de marzo de 1869 - 10 de decembro de 1951) foi un escritor inglés de relatos fantásticos.

Unha noite unha Visión veu a min, traendo con ela unha antiga e ferruxenta chave. Levoume a través de campos e carreiros de doce aroma, onde os sebes xa rumoreaban na escuridade primaveral, ata que chegamos a unha inmensa e sombría casa, de xanelas conspicuas e tellado elevado, medio escondido nas 
sombras da madrugada. Advertín que as persianas eran dun pesado negro e que a casa parecía revestida por unha tranquilidade absoluta.
- Esta - rumoreou ela no meu oído -, é a Casa do Pasado. Ven comigo e percorreremos algunhas das súas habitacións e pasadizos; pero apresura, pois non terei a chave por moito tempo e a noite xa case se acaba. Aínda así, por ventura, debes lembrar!
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.