Un pouco máis de medio metro, lixeiramente cónico... Moito furado me parece para tan pouca cousa, pero eles saberán o que fan. Coido que xa está. ¿Eh, Nana, que che parece...? ¿Pouco fondo? A ver, deixa que mida: unha, dúas. Velaí, dúas cuartas ben medidas... ¡Que vou a ter a man pequena! Seguro que está ben... Dixéronme que o foxo tivese medio metro e forma cónica, lixeiramente cónico...- ¿Cónico? Pois, coma un caldeiro, un furado máis estreito por abaixo... O Paco plantaraos como queira, pero eu vouno facer como me dixeron. Isto non é unha mazaira, é un magnolio e máis saberán os do viveiro que Paco ¿non?... Que o plantase nun foxo en forma de cono... ¡Coma un caldeiro, contra! Parece que non queres entender.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.