16 de marzo de 2014

Fragmento de O Capitán Lobo Negro, de Xesús Manuel Valcárcel

Os adultos teñen unha idea por completo equivocada sobre os nenos e sobre os nosos problemas, apreciacións e entendemento. Pensan, absurdamente, que somos inocentes, e parécelles, e isto é aínda máis absurdo, que as súas opinións ou ideas sobre a vida son superiores ás nosas, porque as consideran máis acordes coa realidade. Pero non é así. E calquera que teña unha elemental experiencia na observación da vida caerá na conta de que os nenos somos capaces de esforzados traballos, de odios insubornables e de amar con heroísmo. Unha das ideas previas que os adultos formulan con máis confusión é a vivencia que os nenos temos da morte. Empéñanse en ocultárnola, en disfrazala, pero no fondo están a se enganar a eles mesmos, e intentan distraer o seu terror, porque se hai unha verdade universal é a de que os nenos non tememos a morte.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.