7 de marzo de 2014

Inicio de O ANDANTE-PARLANTE HOME-SEN-PENA

EL ANDANTE-PARLANTE HOME-SEN-PENA
David R. Bunch

Desde que fixera as paces cos homes da Corte, e especialmente con FIP Z-U, os días bailaran para min, tocaran música, pasaran como soños de crueldade...
Recordo que un día me sentía especialmente ben; as preocupacións estaban todas anuladas, había un lustre no aire, un resplandor, mentres o sol atravesaba o delgado escudo de vapor branco de agosto e quentaba os nosos xardíns laminados de plástico. Estaba a preguntarme que distraccións, que alegrías, que deportes estivais debía elixir para programar o meu Planif. o gran cerebro que me servía, centelleou.
Pero quen sabe, tan só porque o día amence fermoso, coas preocupacións momentaneamente anuladas, un bonito lustre de sol dos paxaros de folla de lata funcionando nas árbores prateadas... quen sabe. Hai nuboeiros que asucan o mundo, hai tormentas que percorren a terra, hai homes huraños que afundirían a marteladas o rostro mesmo de Deus omnipotente se se lles cruzase no camiño.
El era un deles.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario