18 de decembro de 2013

¿Sabes de onde é este fragmento?

Cramer correu pola galería. O ceo raso, amplo e curvo, tachonado de pequenas luces titilantes, parecía latexar rítmicamente a cada paso. A alarma aínda soaba, aullando. Aumentou o volume. Nalgún lugar do edificio estaban a pór en marcha o aparello que comezaría a buscalo emitindo feixes electrónicos, deslizándose invisible polos pisos e escaleiras, tecendo unha trama intrincada que tentaría dar con el e atrapalo, até mergullalo completamente. 
Podía sentilo. Sentir que o edificio cobraba vida. 
Ou era que todo ocorría dentro da súa mente? 
Xa terían que prendelo, tentar esmagalo contra a parede como un insecto rastreiro, para conservalo baixo vidro. E, con todo; aínda non vía a ninguén. A porta de metal detrás da cal estaba a escaleira pola que viñera estaba diante del, á volta dunha esquina.
Apresurou o paso. Quizá a que estaba a causar todo este balbordo era a enfermeira, a que deixara tendida, e non o intercomunicador desatendido. Se a atoparon alí arriba, de todos os xeitos non terían idea de onde buscalo. E cada metro que percorría agora acurtaba a distancia entre el e o exterior. Cramer alcanzou a porta. Aínda non estaba trabada. Abriuna. 
Sorriu e a traspuso.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.