15 de decembro de 2013

ESTEVAN DA GUARDA [B 1325 / V 931]

ESTEVAN DA GUARDA [B 1325 / V 931]

Ora é ja Martín Vaásquez certo
das planetas que tragía erradas,
Mars e Saturno, mal aventuradas,
cujo poder trax en si encoberto:
ca per Mars foi mal chagad'en peleja,
e per Saturno cobrou tal egreja
sen prol nen ua en logar deserto.

Outras planetas de boa ventura
achou per vezes en seu calandairo;
mais das outras que lh'andan en contrairo,
cujo poder aínda sobr'el dura,
per ua delas foi mui mal chagado
e pela outra cobrou priorado,
u ten lazeira en logar de cura.

El rapou barva e fez gran coroa
e cerceou seu topete espartido
e os cabelos cabo do oído,
cuidand'haver per i egreja boa;
mais Saturno lha guisou de tal renda,
u non ha pan nen vinho d'oferenda
nen de herdade milho pera borõa.

E pois el é prior de tal prevenda,
convén que leix'a cura e atenda
a capela igual da sa pessoa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario