10 de decembro de 2013

Fragmento de "Anagnórise" de María Victoria Moreno

María Victoria Moreno, nada en 1941 en Valencia de Alcántara (Cáceres) e finada en Pontevedra no 2005, foi unha mestra e escritora.

—E non lle é boa cousa.
—Non sabería que dicirche. Tampouco non é que sexa mala. É como é, simplemente.
—Pero despois pasa que acordamos cando non hai remedio.
—As cousas da vida —retrucoume— son para vivi-las e irse facendo nelas. Iso que dis de remedialas a min sóame a desvivilas ou algo semellante, e non lle vexo sentido.
—Pois eu querería desvivir tantas cousas...
—Ti non sábe-lo que dis, rapaz.
—Non vou saber... O bo, mire o que lle digo, sería pasar por cada momento importante dúas veces, unha para coller experiencia e outra para corrixir.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario