29 de decembro de 2013

FERNÁN GARCÍA ESGARAVUNHA [B 1511]

FERNÁN GARCÍA ESGARAVUNHA [B 1511]

Esta ama, cuj'é Joán Coelho,
per bõas manhas que soub'aprender,
cada u for, achará bon conselho:
ca sabe ben fiar e ben tecer
e talha mui ben bragas e camisa;
e nunca vistes molher de sa guisa
que máis limpia vida sabia fazer;
ant', é hoje das molheres preçadas
que nós sabemos en nosso logar,
ca lava ben e faz bõas queijadas
e sabe ben moer e amassar
e sabe muito de bõa leiteira.
Esto non digu'eu por ben que lhi queira,
mais porque ést'assí, a meu cuidar.

E seu marido, de crastar verrões,
non lh'achan par, de Burgos a Carrión,
nen a ela de capar galiões
fremosament', assí Deus mi pardón.
Tod'esto faz; e cata ben argueiro
e escanta ben per olh'e per calheiro
e sabe muito bõa escantaçón.

Non acharedes, en toda Castela,
graças a Deus, de que mi agora praz,
melhor ventrulho nen melhor morcela
do que a ama con sa mão faz;
e al faz ben, como diz seu marido;
faz bon souriç'e lava ben transsido
e deita ben galinha choca assaz.

Ningún comentario:

Publicar un comentario