4 de decembro de 2013

¿Sabes de onde é este fragmento?

Baixo os seus pés había unha angosta galería de metal que bordeaba a parede e perdíase á distancia. 
Non había ninguén nos arredores que se interpuxese na súa fuxida. Diante e debaixo del, había un enorme salón repleto de máquinas xigantescas, un labirinto de circuítos transparentes e opacos, de todos os tamaños, que se entrecruzaban. Este era o salón de mantemento. Podía ouvirse o suave trepidar das máquinas, e Cramer preguntouse por que non amortecerían o ruído. Os trámites burocráticos habían estancado o lugar. Unha maraña de cables e tubaxes alimentaban o edificio, chegando cos seus longos dedos a cada un dos pisos para levar un cúmulo de servizos. Eran as tripas de Kenmore, porque dalgún modo non eran exactamente o seu corazón. Podía alcanzar a ouvir un zumbido sutil, un leve rumoreo, máis aló do ronquido das máquinas, ou era soamente a súa imaxinación? Virou cara á dereita sobre a galería, deixando a porta de metal ás súas costas.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.