8 de decembro de 2013

ESTEVAN DA GUARDA [B 1323 / V 928-929]

ESTEVAN DA GUARDA [B 1323 / V 928-929]

Ja Martín Vaásquez da estrología
perdeu feúza, polo grand'engano
das planetas, per que veo a dano,
en que tan muito ante s'atrevía;
ca o fezeron sen prol ordinhar
por egreja que lhe non queren dar
e per que lh'é defes'a jograría.

E pois esto, per que ant'el vivía,
lh'é defeso, des que foi ordinhado,
oimais se ten el por desasperado
da prol do mester e da clerizía;
e as planetas o tornaron fol,
sen egreja nen capela de prol
e sen o mester per que guarecía.

E ja de grado el renunçaría
sas ordiis, per quant'eu hei apreso,
por lhe non seer seu mester defeso
nen er ficar en tanta peioría,
como ficar por devaneador
coroado, e (o que é peor)
perder a prol do mester que havía.

Ena coroa, que tapar quería,
leixa crecer a cient'o cabelo
e a vezes a cobre con capelo,
o que ant'el mui d'anvidos faría.
Máis del: quand'el a esperança perdeu
das planetas, des i logu'entendeu
que per coroa prol non tiraría.

E no seu livro, per que aprendeu
astrología, logu'i prometeu
que nunca per el máis estudaría.

Ningún comentario:

Publicar un comentario