5 de decembro de 2013

Aforismos de Leonardo

A ciencia 

130.- Chámase ciencia ao discurso mental que toma a súa orixe nos primeiros principios, máis aló dos cales nada pode acharse que forme parte dela. A xeometría, por exemplo, que estuda a cantidade continua, empezando pola superficie dos corpos, vén ter a súa orixe na liña, termo desas superficies; pero con isto non quedamos satisfeitos, porque sabemos que a liña termina no punto, e que o punto é a cousa máis pequena que podemos concibir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario