25 de decembro de 2013

INVERNO de Luis Pimentel

Deixarás caer as túas ricas roupas
sobre iste chao miserento.
Estamos na máis humilde casa.
Pola única ventá
contemplamos os farrapos diste día ditoso.
A chuvia bórranos
—pra ledicia nosa—
os brancos, os luminosos
cabalos do estío.
Non queiras pensar
que sobre iste ceo de mendigo
eisiste unha xoia brillante.
Estamos rodeados
dunha natureza miserenta.
Esta paisaxe
xa a presentimos algunha vez.
Viñemos eiquí
por un raro pracer.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.