2 de setembro de 2017

Os Robots

A voz Robot ten só sesenta anos. Foi inventada polo dramaturgo checoslovaco Karel Capek na súa obra R.U.R., e trátase dunha palabra que, en idioma checo, significa escravo.

Con todo, a idea é moito máis antiga. É tan vella como o anhelo do home por conseguir un criado tan listo como un ser humano, pero moito máis forte, e incapaz de mostrarse cansado, aburrido ou insatisfeito. Nos mitos gregos, o deus das fraguas, Hefaistos, tiña dúas mozas de ouro tan brillantes e vivaces como as raparigas de carne e óso para que o axudasen. E a illa de Creta era gardada, nos mitos, por un xigante de bronce chamado Talos, que rodeaba continuamente as súas costas, perpetua e incansablemente, vixiando que non se presentasen intrusos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario