7 de setembro de 2017

Aforismos de Leonardo

295.- Pero a nigromancia é verdadeiro estandarte e bandeira botada ao vento, para servir de guía á necia multitude, que mostra cos seus clamoreos os infinitos efectos de tal arte. Circulan libros cheos de afirmacións referentes á acción dos encantamentos e dos espíritos que falan sen lingua e sen aqueles instrumentos orgánicos indispensables para a palabra; e non só afirman que os tales espíritos
falan, senón que lles atribúen a capacidade de transportar grandísimos pesos, de provocar choivas e tempestades, e de converter aos homes en gatos, lobos e outras bestas; por máis que, en calidade de bestas, deberían, en primeiro lugar, contraste os que semellantes cousas afirman!

Ningún comentario:

Publicar un comentario