6 de setembro de 2017

Inicio de TESTEMUÑO DESDE A PRAZA

TESTEMUÑO DESDE A PRAZA
EDUARDO GOLIGORSKY


Eu non proxectara asistir á cerimonia. Esas cousas non me gustan. Son para ociosos ou para exaltados e eu non pertenzo, por sorte, a ningunha das dúas categorías. Mesmo esquecera que estaba programada para esa data, aínda que na cidade non se falaba doutra cousa. De modo que cando cheguei á praza e vin a multitude fixen un aceno de amolo. Alguén, ao meu lado, miroume con curiosidade e experimentei ese vago temor que nos acomete cando chamamos a atención nas rúas ou nos lugares públicos.

Empecei a camiñar lentamente, aparentando indiferenza, coa intención de dar un rodeo que me afastase do acio humano. Unha columna silenciosa de penitentes vestidos de negro, encapuchados e
armados con teas acesas, avanzaba en dirección a min e cortoume a retirada. Só a un tolo ocorreríaselle desafiar a teimosa arremetida desa compacta muralla de corpos e deixeime arrastrar cara ao centro da praza.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.