José Lezama Lima
A madura madona
A madura madona finxía sen destreza un soño de modorra sensual. Farraluque tamén se creu obrigado a non finxir que cría na dureza de semellante estado cataléptico. Así, antes de espirse, fixo asomar polos brazos todo o escándalo das progresións elásticas da súa lombriga sonrosada. Sen abandonar o finximiento da somnolencia, a muller empezou a alzar os brazos, a cruzalos con rapidez, despois puña os dedos índices e medio de cada man sobre os outros dous, formando un cadrado, que se soldaba e rompía fronte ás proximidades da Niké fálica. Cando Farraluque saltou sobre o cadrado espumoso polo exceso de almofadas, a muller xirou para achegarse a conversar co instrumento...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.