Ann Mackenzie, 1978
Chámome Karen Anders e teño nove anos e son pequena e morena e curta de vista e vivo con Max e Libby e non teño amigas.
Max é o meu irmán e é vinte anos maior que eu e ten os ollos xuntos e aire preocupado nós os Anders fomos sempre moi caseiros ten asma tamén.
Libby sempre foi guapa pero agora colleu peso e no seu bikini novo parece unha loitadora de loita libre a min gustaríame ter un bikini pero Lib non mo comprará eu creo que non me daría tanto medo a auga se tivese un bikini amarelo que porme na praia.
Unha vez cando eu tiña sete anos o meu pai e a miña nai foron de compras e non volveron nunca a casa houbo un atraco no banco como na tele e Lib dixo que aquel tolo lles segou pola metade.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.