13 de setembro de 2017

Inicio de A imaxe e semellanza

A imaxe e semellanza
Mario Benedetti

Era a última formiga da caravana, e non puido seguir a ruta das súas compañeiras. Un terrón de azucre escorregara desde o alto, quebrándose en varios terronciños. Un destes interceptáballe o
paso. Por un instante a formiga quedou inmóbil sobre o papel cor crema. Logo, as súas patiñaas dianteiras tentearon o terrón. Retrocedeu, despois detívose.

Tomando as súas patas traseiras como case punto fixo de apoio, deu unha volta ao redor de si mesma no sentido das agullas dun reloxo. Só entón achegouse de novo.

...


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.