15 de setembro de 2017

Alonso de Lanzós

Alonso (ou Afonso) de Lanzós era nobre e un dos dirixentes irmandiños mais destacados. Lanzós ergueuse contra a casa dos Andrade, aos que servira, por afrontas á súa propia familia e logrou vencer todas as súas fortificacións, agás a de Moeche, aínda que finalmente foi preso por Fernán Pérez Parragués e rematou nun calabozo dos Andrade.

Era orixinario de Betanzos e serviu ao seu curmán Fernán Pérez de Andrade para despois pasar á casa dos Gómez Pérez das Mariñas.

Na revolta de 1467 Lanzós asumiu o mando das milicias populares, en Betanzos e Mondoñedo. Cando no final da revolta Pedro Osorio e Diego de Lemos vendo todo perdido réndense, Lanzós fai outro tanto ante o bispo de Santiago, Alonso de Fonseca II.

Fixo testamento o 21 de maio de 1480 na cidade da Coruña e mandou ser enterrado no convento de San Francisco da Coruña onde di que descansaban os seus devanceiros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario