A SANTA ROSA NO RIO DA PRATA
EDUARDO WILDE
Desde que comeza o mes de agosto non se ouve no peirao e nas fondas e tabernas do baixo en Buenos Aires, falar de personaxe algún do almanaque que non sexa Santa Rosa. Os que non están
no segredo, sospeitarían que se trata dalgunha festa relixiosa a non ser a categoría dos comensais, a súa profesión e os xuramentos católicos, aínda que prohibidos pola igrexa, que a modo de adxectivos acompañan o nome da santa, ao saír de boca de tanto mariñeiro sen nacionalidade ou con todas as nacionalidades xuntas. Pero como non hai un só dos habitantes desta cidade que non estea no segredo, semellante sospeita non ten lugar, aínda cando se prescinda dos mencionados adxectivos e
outros vocábulos, en atención á cultura pouco académica dos que os profiren.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.