O Enterro de Roger Malvin
Nathaniel Hawthorne
Un dos poucos sucesos das guerras contra os indios susceptibles de recibir o luar do novelesco, foi a expedición emprendida en defensa das fronteiras no ano de 1725, que terminou coa soada "batalla de Lovell". A imaxinación, se ten o xuízo de deixar na sombra certos incidentes, atopa moito que admirar no heroísmo da pequena tropa que combateu en proporción de dous a un nas entrañas do territorio inimigo. A evidente valentía despregada por ambos os bandos axustouse á concepción civilizada da coraxe; e os propios anais da cabalaría poderían sen bochorno rexistrar as fazañas dun ou dous individuos. A batalla, fatal para quen loitaron, non tivo consecuencias tan infortunadas para o país; pois dispersou as forzas dunha tribo e conduciu á paz que reinou nos anos seguintes. A historia e a tradición son extraordinariamente detalladas nos seus recontos deste suceso; e o capitán dunha avanzada de colonizadores adquiriu tanta fama militar como os vitoriosos caudillos de lexións. Pese ao emprego de nomes ficticios, algúns feitos contidos nas páxinas seguintes serán recoñecidos por quen ouviron, de beizos dos vellos, acerca da sorte dos poucos combatentes que quedaron en condicións de replegarse tras a "batalla de Lovell".
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.