Permaneceu así durante un tempo, co balangandán nunha man e o papel na outra, ensumida nunha bretemosa somnolencia. Cando puido reaccionar decatouse de que eran máis das dez da noite e os seus pais agardaban por ela para cear. Abandonou a bufarda e saíu á rúa. Sobre o barullo festeiro da cidade pendía unha lúa enorme.
De novo no abeiro do lar paterno, aquecida pola calor e a tranquilidade doméstica, empezou a recobra-lo equilibrio perdido, pasmándose de terse mergullado nunha historia tan estúpida. E ademais tan cara. Despois da cea, mentres vía na televisión unha película romántica, comodamente deitada no sofá da sala, xa esquecera todo o que pasara aquel estraño día. Niso soou o teléfono.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.