25 de febreiro de 2015

Inicio de DESERCION

DESERCION
Clifford D. Simak

Catro homes, de dous en dous, internáronse na aullante vórtice de Xúpiter, e non regresaran. Saíran ao vento tempestuoso, ou mellor dito, galoparan cara a el, cos ventres pegados ao chan, os flancos
relucentes baixo a choiva.

Porque non habían ir en forma humana.

Agora o quinto home estaba de pé fronte ao escritorio de Kent Fowler, comandante da Cúpula Nº 3 da Comisión de Recoñecemento Xoviano.

Debaixo do escritorio de Fowler, o vello Towser rascouse unha pulga, e volveu acomodarse para durmir. Harold Allen, advertiu Fowler cunha repentina punzada de dor, era novo... demasiado novo. Tiña a segura confianza da mocidade, o rostro de quen non coñeceu aínda o medo. E iso era raro. Porque os homes das cúpulas de Xúpiter si coñecían o medo, o medo e a humildade. Ao home resultáballe moi difícil conciliar a súa diminuta natureza coas poderosas forzas do monstruoso planeta.

- Quero que comprenda - dixo Fowler - que non está obrigado a facer isto. Quero que comprenda que non está obrigado a saír.

Era un simple formulismo, por suposto. Dixéralles o mesmo aos outros catro, pero saíran igualmente. Fowler sabía que o quinto home tamén o faría. Pero de súpeto sentiu que dentro del axitábase unha débil esperanza de que Allen non aceptase.

- Cando debo partir? - preguntou Allen.

Noutra época, Fowler sentiría un sereno orgullo ante unha resposta como esa, pero non agora. Engurrou lixeiramente o ceño.

- Dentro dunha hora - contestou.

Allen permaneceu de pé fronte a el, tranquilo, esperando.

- Outros catro homes saíron e non regresaron - dixo Fowler -. Vostede xa o sabe, por suposto. Querernos que vostede regrese. Non queremos que emprenda ningunha heroica expedición de rescate. O obxectivo principal, o único obxectivo, é que vostede regrese, que probe que o home pode vivir baixo unha forma Xoviana. Vaia soamente até a primeira marca de recoñecemento, non máis aló, e logo regrese. Non corra ningún risco. Non investigue nada. Simplemente, regrese.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario