7 de febreiro de 2015

Inicio de CANTICO POR LEIBOWITZ

CANTICO POR LEIBOWITZ

No século XXVIl, nunha nova Idade Media, a lendaria machina analytica foi destruída polo Diluvio de Lume, e os monxes discuten, oscuramente a definición do electrón de Robert Andrews Millikan: 'unha torsión negativa de nada".
A irania e a piedade destas páxinas xa clásicas revelan, segundo Judith Merrill, "unha fe amarga e un ceñudo optimismo". Walter M. Miller, Jr. é enxeñeiro electrónico, e empezou a escribir durante unhas forzadas vacacións, logo dun accidente de tráfico.

CANTICO POR LEIBOWITZ  
Walter M. Miller

O irmán Francis Gerard de Utah nunca atopara o documento sacro  se o peregrino do taparrabos non se lle aparecera de súpeto no deserto, onde o novo monxe proseguía o seu xaxún de coresma. O rmán
Francis nunca vira un peregrino con taparrabos, pero bastoulle unha ollada para descubrir que o personaxe parecía realmente auténtico. Era un vello alto e delgado con báculo, chapeu de palla e unha barba revolta, manchada de amarelo no mentón. Camiñaba coxeando e levaba un odre pequeno ás costas. O taparrabos - a súa única vestimenta, xunto co chapeu e as sandalias- era un andraxo sucio de arpillera.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario