Estou nun mosteiro, eu son un aprendiz e estou alí coñecendo sobre a vida e a espiritualidade que tiña que desenvolver. Estou a traballar nunha labor cotiá cando me percato de que o Mestre marcha do mosteiro, entón eu collo e vou a sala do Mestre ancián. A sala era como un cortello, herba e merda polo chan e nada máis.
Eu pregúntolle o ancián que debía facer, se quería facer algo que me alonxara do meu camiño como monxe. El dime que fixera o que eu necesitara, fora unha decisión acertada ou errónea seguro que o meu espírito aprendera algunha lección.
Decido marchar pero antes como agradecemento quítolle o abono e póñolle herba limpa, despois diríxome a un porto e monto nun veleiro.
Recollido de cazandosonos.blogspot.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.