3 de febreiro de 2015

Inicio de NA COLONIA DE ORFOS

NA COLONIA DE ORFOS
Kit Reed

Todas as noites no sitio esquecido de Deus que era a colonia de orfos, algo viña ao pé da xanela. Os ventos purpúreos que varrían o lugar ameazaban tormentas e cataclismos, amontoando un po gris que sepultaba todos os días a dez ou doce dos raparigos nas minas. Había perigo no ceo azul e liso, e había perigo no aire metálico que respiraban, de modo que case todos os orfos eran rápidos e cautelosos, e atacaban rapidamente a calquera cousa que non recoñecesen deseguido.
Pero algo esperaba ata que os outros durmisen e logo cantaba ao pé da xanela de Nathan, tan dulcemente que o raparigo desexaba quitar as barras e dispositivos protectores, ou abrir un buraco no muro e deixar que a criatura entrase, pois sentía cada vez máis só.
Nathan apertaba entón a cara contra o vidro, tratando de ver á criatura, escoitando toda a noite, sen preguntarse como aquel son atravesaba as capas de cemento, ferro, aceiro e vidro. Un día creu distinguir unha forma indistinta do outro lado, e na súa soidade imaxinou unha sombra materna, e que aqueles sons desexaban consolalo.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.