15 de febreiro de 2015

A que xogas?

A que xogas ?

Estou nun campo de fútbol de cemento vendo como xogan. Dos que xogaban so coñecía o Noé que era un porteiro, nun momento dado fai unha parada, colle o balón e intenta pasalo polo aire cun lanzamento co brazo. Cando esta a piques de tocar o chan un rapaz que recordaba a Fernando Torres dálle unha vaselina lanzando o balón a portería do Noé e dándolle o pau, rebote e gol. O Noé quedou perplexo, non tivo tempo nin de moverse, cabrease e volve coller o balón para facerlle un despexe co brazo. Sáelle tan trenco que en vez de ir para o campo lánzamo para onde estaba eu mirando, todos os que estabamos alí empezamos a partirnos de risa pola cafrada, o balón tirarao lameiro tan abaixo que case nin se vía, eu paro un pouco de rirme e vou recoller a pelota.

Cando volvo ao lugar esta completamente transformado; onde estaba o campo había un escenario que parecía un mapa antigo dos que se debuxaban a man, todo feito con diferentes tonalidades de marrón. Era como si fose un mapa enorme en tres dimensións; ata incluía as alturas dos montes. Sobre el había diferentes criaturas como lagartos de imponente tamaño pero estes permanecían inmóbiles ata que recibían orde expresa de moverse á posición que lles ordenaban, en canto lle pregunto ao Noé, el dime que necesita axuda nesta partida de xadrez.

FIN

Recollido de cazandosonos.blogspot.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario