16 de febreiro de 2015

Fragmento de Crimen en Compostela, de Carlos G. Reigosa.

Desandou o camiño e volveu ó apracible paseo que debuxa o amplo arco de Riazor. Por el foi ata aquela Couraza que se lle figurara álica, penetrando e abrindo as augas que ousaban proba-las súas forzas contra ela. Sentou alí a axexa-lo inquedo mar: no seu presente de sabuxo, de pesquisador, aquela vista ben valía uns minutos. As brancas ondas avanzaban coma gadañas a sega-lo verde grisento do mar revolto, esguellaban A Couraza e viñan morrer na praia, nunha mesta bafarada que todo o esfumiñaba. A baía de Riazor era unha apretada sucesión de cristas espumosas en constante avance e remoción. Cada onda semellaba secundar e escoltar á anterior na súa marcha decidida, pero unhas e outras tiñan igual destino: esmorecer brandamente -milleiros de armiños inxeis- sobre a praia, deixando tras delas un longo laído de vapor refrescante.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.