4 de febreiro de 2015

Fragmento de "O enigma de Embívicus" de Xosé Antonio Perozo

A mesma hora, a xunta directiva da CIDEDE estaba reunida en sesión plenaria no Concello. Analizaban a negativa do alcalde de Figueiras a devolvelas flores do embigo. Don Froilán puxérase en contacto telefónico con el e a única resposta obtida ó requirimento fora unha peidada, despois de dicirlle:
—Se queren flores, mollen o cu.
—Esta actitude é producto da envexa —comentou don León—, de agora en diante serán moitas as vilas que envexen a Embívicus e desexen parecerse a ela...
Tales palabras espertaron grandes desconfianzas en moitos dos congregados. Milleiros de suspicacias e temores saltaron riba da mesa como espíritos malignos, enchendo de delirios de grandeza e inquedanza ós pro-omes da cidade.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.