A DERRADEIRA PALABRA
Chad Oliver & Charles Beaumont
Claude Adams detívose nas ruínas colapsadas da cidade e deixou caer area a través dos seus dedos, notando con aprobación que as súas mans estaban firmes. Endereitou a súa cabeza e escoitou.
Non había nada.
Unha pesada brisa empuxou area a través das pilas de chatarra que unha vez albergaran unha poderosa civilización.
Claude chamou; pero non con desesperación senón cunha frialdade científica que atopou singularmente admirable, baixo as circunstancias.
- Ola!. Pode alguén escoitar? Estou só?
Só estaba o vento, e a area.
- Estou só - concluíu Claude, sen decepcionarse -. Ben.
Soubérao por algún tempo, até agora. El, Claude Adams, era o Derradeiro Home no Mundo. Pensouno nas apropiadas letras maiúsculas, e o simbolismo interesoulle.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.