5 de febreiro de 2015

Fragmento de Amor de Tango

Un 5 de febreiro de 1939 naceu María Xosé Queizán Vilas, a autora deste texto, en Vigo.

Margot toca a trincheira que está empapada. Pero non hai coidado de que traspase. Está ben impermeabilizada. Canto aos pés, lévaos ben quentiños nas botas, que son a proba de chaparróns. Para ela o máis importante dos atavíos é a confortabilidade. 
Andar quentiña no inverno e fresca no verán. O benestar, a comodidade, eran fundamentais. Nunca entendeu iso de "por campar, rabiar", que dicía a nai de Chelo cando a rapariga andaba en penas ao estrear uns zapatos. De elixir algún dito deses, prefería aquel que afirmaba: "Ande eu quente e ría a xente". Porén, calquera que coñecese a Margot nunca pensaría en rir. Era unha muller certamente elegante. Non era afectada, pero a súa sinxeleza non incluía o desaliño. Producía unha sensación de pulcritude. Toda ela era clara como os seus ollos. E na súa figura alta e airosa calquera peza sentaba ben.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario