31 de decembro de 2014

O VIAXEIRO VOLVE AO CAMIÑO

Non é verdade. A viaxe non acaba nunca. Só os viaxeiros acaban. E mesmo estes poden prolongarse en memoria, en recordos, en relatos. Cando o viaxeiro sentou na area da praia dixo: 
-Non hai máis nada que ver?, sabía que non era así. A fin da viaxe é só o inicio doutra. Hai que ver o que non se viu, ver outra vez o que xa se viu, ver na primavera o que se viu no verán, ver de día o que se viu de noite, co sol o que antes se viu baixo a choiva, ver a semente verdeante, o froito maduro, a pedra que cambiou de lugar, a sombra que aquí non estaba. Hai que volver aos pasos xa dados, para repetilos e para trazar camiños novos ao seu lado. Hai que empezar de novo a viaxe. Sempre. O viaxeiro volve ao camiño.

José Saramago

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.