24 de decembro de 2014

Fragmento de "Elisa" de Lesta Meis

Estamos no mes de nadal. Chove a Dios dar auga. Xa logo non sei desde cando está chovendo. Os labores das terras están sin facer, porque a auga non deixa traballar. Vai frío. Ninguén que poida evítalo, sae da súa casa para fóra. O que ten con qué quéntase á lareira mentres oe zoa-lo vento na cheminea e revolve-las tellas.


Elisa vai coller unha presa de xenos para os señores, e mais unhas poucas herbas que lle encargou a señorita que llas levará hoxe sin falta. Inda que tardou pouco, como está todo mollado e chove tanto, mollouse toda de arriba a baixo. Deulle a vida que xa puxo roupa vella. Pero, se se molla outra vez, hoxe non ten que poñer.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.