Rita de Breixo ten un bo pasar: trinta ferrados de sementeira, a devesa da Regueira e uns quiñóns no monte. Ten dúas vacas, tres porcos e moito avecío, viño para unha anada, millo para dez meses, patacas a correr... O fillo mándalle cartos; ela empétaos ben empetados para baixar logo á vila para metelos no Banco. Escasí, Rita de Breixo ten tenda. Tenda de todo, con taberna e con cartería: "Viños e comidas por Marcial Gómez (Viúva)".
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.