O tempo pasa unhas veces de moito vagar, entón as horas van e veñen, soben, baixan de moito ten con ten, non se dan acabadas, ata mesmo parece que che pesan. Dicimos, A ver, ¿que hora será? imos ao comedor e son aínda as cinco da tarde, Pero como, aínda as cinco, debe estar mal, parou. Pero non, son simplemente as cinco. Como engañan os días de ceo toldado, chumbo. E aínda a cousa é peor se tes fastío.
Outro día, veña, as horas voan igual que unha poeira do camiño, fechas os ollos para que non entre o pó, ábrelos, e ala, xa vai aló facendo un remuíño ¿Será posible?... E a todo esto, xa é hora de mirar a noi-te ou meterte na casa para cear. Eso do tempo é sempre unha sorpresa. De tódalas maneiras nunca recordo un día tan movido coma o de hoxe.
(...)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.