7 de decembro de 2014

JOÁN GARCÍA DE GUILHADE

JOÁN GARCÍA DE GUILHADE [B 1485 / V 1097]

Ai, dona fea, foste-vos queixar
que vos nunca louvo en meu cantar;
mais ora quero fazer un cantar
en que vos loarei toda vía;
e vedes como vos quero loar:

dona fea, velha e sandía!

Dona fea, se Deus mi pardón,
pois havedes atán gran coraçón
que vos eu loe, en esta razón
vos quero ja loar toda vía;
e vedes qual será a loaçón:

dona fea, velha e sandía!

Dona fea, nunca vos eu loei
en meu trobar, pero muito trobei;
mais ora ja un bon cantar farei,
en que vos loarei toda vía;
e direi-vos como vos loarei:

dona fea, velha e sandía!

Ningún comentario:

Publicar un comentario