Fragmento de Morning Star, de Xosé Miranda Ruiz, nado en Lugo o 18 de decembro de 1955.
Capítulo XVIII
Primeiras letras
Camiñabamos sempre por corredoiras, estradas e carreiros secundarios, dirixíndonos moi lentamente cara ó norte, evitando o máis posible o camiño real a Compostela, que era, sen embargo, a nosa meta máis próxima. Unhas veces iamos polo interior e outras cruzabámolo e percorriamos a costa, sempre que iso non nos afastase moito da nosa rota. Faciámolo así por medo a que nos localizasen.
Pero non tiñamos moita présa, porque as nosas provisións eran poucas e había que economizalas, de xeito que nos ofreciamos a traballar nas aldeas polas que pasabamos
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.