3 de decembro de 2014

Fragmento de Quintana Viva, de Xosé Filgueira Valverde.

O "CANGUEIRO"
Chamábanlle o Cangueiro porque facía xugos repenicados e finos para vender na feira de San Marcos. Pasou a súa vida degoirando ter bois de seu. Encomezou a facerlles o mellor xugo de cantos saíran das súas mans. Tiña un Cristo no medio e medio, moi pintadiño, e dous anxos dos lados. Canga como ela nunca se vira.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario