16 de decembro de 2014

MÁIS NADA de Antón Tovar

Non me perguntes máis, que xa non teño
verbas pra responder tanta pergunta;
son un segredo mouro, unha difunta
e pecha voz na soma á que perteño.

Déixame elí calado e ben á parte,
inda que enriba as túas veciñanzas
aboien sobre min, antre as lembranzas
da longa despedida de mirarte.

Xa non pidas palabras. No profundo
de min déixame estar, deitado e quedo,
deitado como un can ollando o mundo,

ollando, mentras ti, sobre os rastrollos
dos meus versos amargos, ves o acedo
penar de irte perdendo nos meu ollos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.