Unha presa de terra é unha obra de Marilar Aleixandre, nada en Madrid en 1947, escritora en lingua galega.
—Boa noite. ¿Que queren tomar?
—Non tomamos nada. Ten que acompañarnos. Somos da policía.
Os homes de paisano que acababan de entrar no bar tiraron a credencial do peto da chaqueta e volvérona meter outra vez coa velocidade do lóstrego. O seu ton de autoridade non admitía negativas. Na porta do local había outros dous, disimulando.
—¡Pero home! ¡Me cago en tal! ¡Tiña que ser esta noite! Mire que estou só con esta rapaciña que é nova e non sabe da misa a media. Non podo deixala ó cargo do bar.
—Pois, se ten que pechar, peche. Non é asunto noso. Temos que levalo á comisaría.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.